martes. 21.10.2025
El tiempo

A corrente xa volve fluír polos Muíños de Quenxe

Restaurando os Muinos de Quenxe
A veciñanza da Redonda restaurando os Muíños de Quenxe
A corrente xa volve fluír polos Muíños de Quenxe

Marabilloso o proxecto interxeracional que protagoniza a familia da parroquia da Redonda. As 3 activas asociacións (AAVV Lugar de Quenxe, San Roque e San Pedro de Redonda, en colaboración tamén coa Asociación de Amigos do Camiño) está vinculando á rapazada do cole na restauración de varios dos muiños do rego de Quenxe no marco do proxecto que chaman “A Corrente dos Muíños”.

Esta fin de semana varias veciños traballaban xa arreo na recuperación de dous dos muíños, repicando para poder cintalo e tellalo. Acompañados por Modesto García Quintáns, gran coñecedor do patrimonio do lugar, están facendo que volva pasar a corrente polos muíños para explicarlle como funcionaban á rapazada do CEIP Praia de Quenxe.

A idea é en breve xa traer ao alumnado de 6º, que coñeza o proceso de restauración, pero sobre todo, para coñecer como se moía o millo, como funciona, e realidade, un muíño de auga.

Restaurando os Muinos de Quenxe 2

Restaurando os Muinos de Quenxe 3

Restaurando os Muinos de Quenxe 4

Máis novas

Comentarios