Luns. 29.04.2024
El tiempo

Curso de Gin Tonics para hostaleiros en Corcubión

Curso de Gin Tonics para hostaleiros en Corcubión

Os próximos luns 19 e martes 20 de setembro, Da Vinci Formación celebrará na Costa da Morte o curso "Elaboración e presentación de gin-tonics". O curso, pensado para a necesaria formación dos hosteleiros da zona, se desenvolverá en horario de 17:00h a 20:00h nunha das salas do Hotel Praia de Quenxe acondicionada para ese efecto.

O profesor seleccionado para a impartición deste curso é o señor Diego Mosquera, vicepresidente da Asociación Galega de Barmans.

O curso

O curso divídese en parte teórica e práctica. Os asistentes son mergullados no marco histórico e explícase a elaboración, os tipos e marcas de xenebras e tónicas existentes no mercado e a arte de realizar as combinacións. Os alumnos practican con xenebras e tónicas de nivel Premium, algunhas non dispoñibles aínda no mercado.

Os elementos que achegan o toque único ás combinacións son distintos tipos de froitas, hortalizas, plantas e botánicos como o cardamomo, a canela e o cilantro que permiten infinidade de variacións dentro do gin-tonic.

Os diferentes tipos de xeo, a calidade do cristal da copa e as propiedades de cada un dos elementos a aplicar, permitirannos potenciar os sabores e aromas, sendo esta unha parte fundamental do desenvolvemento do curso.

Este curso esta encadrado dentro dunha xira que, desde Da Vinci Formación, están realizando por toda a comunidade autónoma de Galicia. Ata a data levouse a cabo na Coruña (3 edicións), Santiago (2 edicións, unha na foto), Lugo, Ferrol, Pontevedra, A Mariña Lucense, Comarca de Bergantiños e Comarca do Barbanza, tendo en programación a realización en 12 localidades mais antes de final de ano.

Inscricións

É necesario inscribirse e para facelo poden chamar ao 678.737.515 (Iria Alejos).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios