Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Darío Xohán Cabana, Fillo Adoptivo de Corcubión a pesar do grupo de goberno

DaríoXCabana-ANT414-28-12-1989
Fotografía de Darío Xohán Cabana como garda municipal de Corcubión. A imaxe de Xurxo Lobato está tirada da longa entrevista de Xan Carballa publicada por A Nosa Terra, 414, do 28/12/1989: Recollida do artigo de Miro Villar en QPC sobre Darío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana, Fillo Adoptivo de Corcubión a pesar do grupo de goberno

Cos votos 4 a favor do BNG, Sempre Corcubión, PP e PaCor, e as 3 abstencións do grupo de goberno do PSOE, o pleno de Corcubión aprobaba este pasado xoves o acordo de nomear Fillo Adoptivo de Corcubión a Darío Xohán Cabana.

O Grupo socialista considerou que non era suficiente a labor do que foi garda municipal da vila para tal nomeamento.

En calquera caso, o Concello terá que poñer unha placa conmemorativa no xardín da Casa do Concello, reeditar, en convenio coas editoriais e a súa familia, as dúas obras que máis relación teñen con Corcubión (o libro de poemas “Patria do mar” e o volume de relatos “Libro dos moradores”); así como facer chegar á súa familia e á Real Academia Galega o contido deste acordo municipal quere honrar ao escritor, tradutor e membro da RAG.

”Darío Xohán Cabana, servíu a Corcubión mentras seguía facendo camiño a través das súas novelas e poemas para que poidamos seguir bebendo da fonte da Lingua Galega a través das súas obras e das súas traducións”, explicaba o voceiro de Sempre Corcubión, que presentou a moción.

Novas relacionadas

Comentarios