Desarticulado un grupo criminal que realizara estafas en Laracha e Corcubión
O equipo Roca, en colaboración co equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil e o posto de Torre Pacheco (Murcia), vén de desarticular un grupo criminal, detendo a un veciño, como presunto autor de 18 delitos de estafa, no marco da Operación Twypper.
A operación comezaba a raíz dun número elevado de denuncias por estafa co mesmo modus operandi en maio de 2018, na zona da Coruña. Veciños de Corcubión e de Laracha (así como de Curtis, Teixeiro, Arteixo, Oleiros, Betanzos, Coirós, Mabegondo, Mugardos, Ames, Noia, Cambados…) denunciaban estafas en páxinas de compraventa entre particulares. Os tres membros do grupo buscaban anuncios concretos, realizados por persoas maiores en zonas rurais con interese en vender rapidamente. Unha vez seleccionada a vítima, trasladábanlle o interese por comprar o produto sen regateo, pedindo os datos da tarxeta bancaria para realizarlle o ingreso, solicitando mesmo unha foto do DNI.
Cos datos facían contas telefónicas prepago, con contas online en entidades con escasas sucursais que permiten sacar en establecimentos comerciais.
Os supostos criminais realizarían tamén 28 delitos de falsedade documental pola contratación de contas bancarias online con identidades doutras persoas noutas zonas do Mediterráneo.
Consellos para a prevención deste tipo de estafas por internet<7h2>
- Non facilite nunca os datos da tarxeta bancaria.
- Desconfíe se a plataforma para establecer o pago conta cos logos da Garda Civil, Policía Nacional…
- Se é posible realice a entrega en man.
- Utilice empresas de transporte oficiais do portal de venta.
- Asegurarse de ter recibido os cartos.
- Non realizar pagos directos a teléfonos móbiles ou con extracción de catos en caixeiro.
- Non facilite o seu DNI para a compra de artigos.