Despregadura de medios por unha falsa alarma por un veleiro en Estorde

Este pasado venres realizouse unha despregadura de medios completa por mor dunha falsa alarma. Unh persoa alertaba ao 112 de que un veleiro estaba varado nunhas rochas dunha cala que hai entre Estorde e Amarela, entre Corcubión e Cee, sinalando que varias persoas estaban nas rochas.
O 112 mobilizaba a auxiliar da embarcación de Salvamento Don Inda, ademais efectivos de Protección Civil e Garda Civil, e preparaba un posible despegue do helicóptero medicalizado.
Cando chegaba embarcación de Salvamento e varios membros de Protección Civil e Garda Civil por terra, os tripulantes do veleiro descansaban tranquilamente no medio da enseada, sen perigo algún.
Así estaban disfrutando dunha das nosas caliñas este veleiro cando alguén alertaba ao @112Galicia porque pensaba que encaiara... Ao final, despregadura de medios tremenda por unha #falsaalarma... pic.twitter.com/fv0zZmA438
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) September 9, 2023
As forzas de seguridade lembran a responsabilidade dos alertantes nunha situación coma esta, polo gasto de esforzos en vano, e a monilización de moitos medios que non poderían acodir a outra emerxencia real no caso de realizarse, e mesmo explican as as consencuencias de gastar unha “broma” ao 112.