Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Doble visión en Corcubión sobre a auditoría do Consello de Contas

Doble visión en Corcubión sobre a auditoría do Consello de Contas

O Consello de Contas de Galicia anunciou a listaxe de concellos aos que lle fará unha completa auditioría. Un deles será o Concello de Corcubión. E para non variar, as visións dende goberno e oposición sobre o asunto son contrarias.

O alcalde Francisco Lema Chisco amosábase contento pola nova, afirmando que "estas auditorías son moi positivas para coñecer os propios erros dentro do Concello". O alcalde afirmaba que moitas veces os retrasos débense a falta de persoal, e recoñece que pode haber erros de xestión pero nunca delitos.

Pola contra, dende a oposición cren que a investigación chega "entre outras razóns por non rendir contas reiteradamente ao organismo encargado de supervisar as finanzas públicas, incumplindo desta maneira o que dispón a lei".

Para o BNG corcubionés "o alcalde debería estar máis ben preocupado, porque o consello de contas non vai facer unha auditoría, vaino a investigar para saber cales foron as causas polas que el non rendiu contas ao órgano fiscalizador, e ademáis esta actitude pode ter unha importante repercusión nas arcas municipais, pois os concellos que non rinden contas, quedan en moitos casos sen posibilidade de solicitar subvencións á Xunta de Galiza e outras administracións".

Para o candidato do BNG, esto non é mais que froito da “irresponsabilidade do alcalde e do seu goberno municipal”. "Que ten que esconder?", pregúnatse Insua.
Por último Oscar Insua declarou que “non é una auditoría como dí, senón unha investigación por non cumplir a lei".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios