Martes. 07.04.2020
El tiempo

O ebanista Fran Buschmann, afincado en Corcubión, recibe o Premio Artesanía de Galicia

Miguel Ángel Santalices presidente do Parlamento Galego, facendo entrega do Premio Artesanía de Galicia 2019 ao ebanista corcubionés Frank Buschmann
Miguel Ángel Santalices presidente do Parlamento Galego, facendo entrega do Premio Artesanía de Galicia 2019 ao ebanista corcubionés Frank Buschmann
O ebanista Fran Buschmann, afincado en Corcubión, recibe o Premio Artesanía de Galicia

Xa é fillo adoptivo de Corcubión, e con este premio entra directamente no elenco de fillos ilustres. O ebanista alemán Frank Buschmann vén de gañar o Premio Artesanía de Galicia. A súa prensa de flores “Monas” foi recoñecida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, cun premio de 9.000€, no marco destes galardóns que pretenden impulsar o talento e o saber facer dun sector que supón un importante motor ecónomico e cultural para Galicia, con preto de 640 obradoiros que forman parte da marca Artesanía de Galicia e máis de 7.800 traballadores.

Buschman gañou a máxima categoría, se ben o Premio Traxectoria foi para o oleiro Agustín Vázquez, de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo, Ourense) e a Bolsa Eloy Gesto para Minia Banet, do estudio Variopinto (Santiago de Compostela).

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asiste á gala dos Premios Artesanía de Galicia 2019.

O premio recoñece a prensa de flores Monas, unha ferramenta de observación para reaprender e recontectarse co pequeno mundo. Unha obra que representa a necesaria evolución da artesanía tradicional galega cara a o mercado actual, combinando deseño e innovación ás técnicas e valores máis tradicionais. O xurado valorou “a sutileza, a poesía e a evocación da natureza galega partindo de elementos sinxelos para chegar a unha peza conceptualmente rotunda e fermosa”.

O corcubionés fía moi ben entre arte, deseño e artesanía, para crear un produto ético e 100% sostible, facendo do proceso parte fundamental do produto final. O seu reto é crear a perfección co paso a paso.

prensa flores Monas de FRANK Buschmann
Imaxe da prensa Monas

Artesans costeiros no Premio Artesania de Galicia
Numerosos artesáns costeiros arrouparon a Buschmann na entrega

Novas relacionadas

comentarios