mércores. 14.05.2025
El tiempo

Esta tempada, o bocata da UD Corcubión é de Porco Celta

Esta tempada, o bocata da UD Corcubión é de Porco Celta
Durante a tempada 2010-2011 o bocata post-partido da UD Corcubión será de Porco Celta. Así vén sendo dende este comezo de campaña gracias ao convenio de colaboración entre a UD e a Carnicería Antelo. Unha Carnicería Antelo de Corcubión que segue colaborando co fútbol da Costa. Este ano o máis beneficiado será o clube da U.D. Corcubión, que terá un fin de partido ben sabroso. Os xogadores recuperarán forzas a base de ben. Deste xeito, a Carnicería Antelo regalará ao clube corcubionés o embutido de Porco Celta para os bocadillos de todas as categorías durante a tempada 2010-2011. Vemos esta sarta celta que foi premio da porra da Copa da Costa o ano pasado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.galEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).

Comentarios