Finca Cambeiro: Como Corcubión crea o seu bosque autóctono
08:20 25/05/19
O que están facendo o pobo de Corcubión coa Finca Cambeiro é todo un exemplo a exportar en todo o país. O proxecto integral de rexeneranción dunha finca municipal, despois de que o Concello se declarase “Libre de eucaliptos”, pode servir para que ducias de concellos e entidades desenvolvan iniciativas semellantes para recuperar e poñer en valor os nosos bosques.
A activa Comunidade Eco-Social Boca de Sapo ten realizado un completo proceso de eliminación de eucaliptos e cesión da madeira para quentar as casas, e esas fantásticas Aulas de natureza nas que o alumnado de varios centros de ensino foi prantando especies autóctonas.
Hoxe un dos membros da comunidade, Francisco Santiago López, déixanos este fermoso vídeo "Creamos un bosque”.
Máis novas de Boca de Sapo
- Corcubión enteiro sae á rúa polo Centro de Día.
- As mulleres fan unha chamada de urxencia ás administracións polo futuro do rural galego.
- Corcubión viviu un importante punto de encontro entre sectores do monte galego.
- Boca de Sapo pon en marcha as súas Aula de natureza nas fincas autóctonas.
- Boca de Sapo prepara novos encontros sobre a xestión do monte e do mar.
- Corcubión declárase como "Concello libre de eucaliptos”:
- Un ano de acción social, cultural e medioambiental da Asociación Boca de Sapo.
- Francisco Santiago López: "A inundación de eucaliptos en Galicia é un verdadeiro un desastre medioambiental”.