Luns. 29.04.2024
El tiempo

Galiza Nova propón dous eventos para a mocidade das comarcas de Bergantiños e Fisterra

GZ Nova en Fisterra e Carballo
Galiza Nova propón dous eventos para a mocidade das comarcas de Bergantiños e Fisterra

Os grupos de Galiza Nova Costa da Morte e Bergantiños propoñen dous eventos para esta finde preelectoral.

Venres en Corcubión

O venres 2 de febreiro prepara un concerto musical en Corcubión, coincidindo co inicio da campaña electoral para as eleccións autonómicas do 18-F. O evento, que está programado para as 21 horas detrás da Casa do Concello da vila corcubionesa, contará con diversas actuacións musicais.
A programación musical arrancará con “As Xaviñanas”, as rapazas pandereteiras da universidade Popular de Corcubión. Seguirá co grupo de folk “Dùin” e cos rockeiros “Os Bar Ban Sónicos”, para rematar a noite con “DJ Misa”.

Tamén haberá intervencións políticas de Oscar Insua, candidato da Costa da Morte que vai no posto 7 do BNG por A Coruña, e Paulo Ríos (Kai), responsable de mocidade dos nacionalistas.

Domingo en Carballo

O domingo 4 de febreiro, a partir das 13.00 horas, está prevista unha sesión vermú-coloquio que pretende converterse no punto de encontro de toda a mocidade bergantiñá. A partir das 13.00 horas xuntarémonos no xardín municipal de Carballo para bailar con djmisa, compartir un aperitivo e conversar cos candidatos do BNG pola comarca, Daniel Pérez (número 5) e Carolina Castiñeiras (número 14), nun acto conducido por Alberto Liñares, responsable comarcal de Galiza Nova.

Comentarios