Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Gracias, Apalpador

Gracias, Apalpador
O Apalpador estivo na Escola Infantil de Corcubion O Apalpador estivo na Escola Infantil de Corcubión

”E @s nen@s dixéronlle un ano máis adeus coa man ao Apalpador…”

Esa foi a conclusión do Apalpador que visitou a Escola Infantil de Corcubión esta semana. Adiantouse ao Nadal pero os cativos disfrutaron como nunca con esta figura recuperada para a mitoloxía galega contemporánea.

O Apalpador é ese carboeiro que baixa polas chimeneas, e deixa castañas aos peques que teñen a barriguiña algo baleira. Unha historia semellante á do Olentzero vasco, moito máis arraigado xa nos tempos de hoxe na sociedade euscalduna. En Galicia, iniciativas case que persoais como esta corcubionesa, ou dalgunha entidade cultural, son as que manteñen vivo ese “Papa Noel galego”.

Chapas do Apalpador Chapas do Apalpador

Non foi a única visita este curso do Apalpador, presente da man das entidades máis comprometidas co terra. Tamén estivo, da man da Anpa Alén, deixando uns agasallos ao alumnado do CEIP Praia de Quenxe, como o ano pasado, deixándollles unhas larpeiradas e unha chapa co debuxo do Apalpador.

 

De visita por Bergantiños

Visita do Apalpador polos centros de Ensino de Bergantinos con Senda Nova Visita do Apalpador polos centros de Ensino de Bergantiños con Senda Nova

Este pasado xoves de Nadal estivo na Feira de Inverno de Fisterra, despois de facer unha viaxe completa, da man de Senda Nova, polos centro de ensino de Bergantiños, vendo ata 65 aulas de infantil e primaria. O 80% dos rapaces de Carballo e Coristanco o viron, nunha acción que vale ouro para espallar a súa lenda, gracias á labor de mestres, directores e a xente da entidade ambiental.

Menudo recibimento tivo ademais por parte dos cativos, que disfrutaron de activdades que fomentan a creatividade, dende a fabricación propia de xoguetes tradicionais e a posta en valor do xogo e xoguete artesanal feito a man, máis aínda, nunha época de claro exponente consumista.

Vai quedar en Pico de Meda, nas montañas de Soneira e, antes de voltar de novo ao Courel, baixará a recibir a todas as nenas e nenos que se acheguen ao Local Social do Santiaguïño de Carreira (Zas) o domíngo día 3 de xaneiro .

O Apalpador

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios