Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Ioga, Pilates, Queimagraxas e numerosos deportes entre as actividades ofertadas en Corcubión

Ioga, Pilates, Queimagraxas e numerosos deportes entre as actividades ofertadas en Corcubión

Numerosas actividades este inverno en Corcubión. O Concello abre o prazo de inscrición para unha marea de actividades que comerzarán en outubro.

Ioga para maiores de 55

Ioga Corcubion

O vindeiro 3 de outubro dará comezo novamente o programa de envellecemento activo de Corcubión para persoas maiores de 55 anos. E a actividade principal é a de Ioga. As clases desenvolveránse dende o 3 de outubro ao 21 de decembro, os martes e xoves de luns a venres de 17.00 a 18.00 horas.

Xa poden pedir máis información e inscricións nos servizos sociais municipais.

Outras actividades adultos

Dende o Concello tamén abren a actividade ”QUEIMAGRAXAS”, Programas colectivos de entrenamento funcional pra mellora da condición física global, que inclue a mellora das capacidades condicionais e coordinativas. As clases serán Martes e Xoves de 20:00h a 21:00h.

Outra das opcións é “PILATES”. Exercicios que axudan a mellorar a tonificación dos músculos a través dunha sucesións de movementos fluídos. Organizada pola A.C.D.Nerio, é os Luns e Mércores de 21:15h a 22:15h.

Ademais, o Concello informa que tamen se poderá facer uso do ximnasio municipal, que conta con cintas de andar, elipticas, remo, bicicletas e máquinas multipesas.

Actividades deportivas para nenos

Adeamais, o Servicio de Deportes do Concello de Corcubión abre o prazo para as actividades deportivas do Concello: Actividades infantís: ESCOLA DE BALONCESTO: Durante as sesións os nen@s irán aprendendo todo- los conceptos relacionados có baloncesto, dende os máis básicos ata alguns más avanzados.Mercores e Venres de 16:00h a 17:30h.Imparte C.B.Costa da Morte. ESCOLA DE FUTBOL BASE: A través dos adestramentos e da competición que ten lugar o fin de semana, tratamos de lograr unha educación integral do nen@ a través do deporte, o mesmo tempo que lles ensinamos os fundamentos técnico-tácticos básicos do fútbol sala e fútbol, ademais de potenciar as capacidades físicas básicas.E.F.B.Corcubión. ESCOLA DE BADMINTON: E un deporte de raqueta que se pode practicar perfectamente en idade escolar xa que, dada as sus características e por ser un deporte básicamente de resistencia, se pode practicar dende os 6 anos, idade na que se desenrola a lateralidade. Sen grandes conocimientos técnicos podese disfrutar inmediatamente con seu xogo desenrola gran variedade de habilidades motrices. ESCOLA DE PATINAXE: Iniciación a actividade de patinaxe con diferente xogos e actividades fisicas. Martes 17:00h a 18:00h.idade de 6 a 12 anos.

Inscricións

As prazas serán limitadas, por orden de inscrición, as actividades comenzan no mes de outubro. As preinscripcións poderán facerse nas oficinas do Concello ou no Pavillón Polideportivo e tamén chamando ó 981 745400. Para máis información diríxanse as oficinas municipais ou a Concellería de Deportes.

Fonte

  • Concello de Corcubión.

Comentarios