Xoves. 25.04.2024
El tiempo

José Domínguez Buiturón, de patrón maior a candidato do PP en Corcubión

pp Corcubion buituron
Evaristo Ben, José Domínguez Buiturón, Diego Calvo e Gonzalo Trenor
José Domínguez Buiturón, de patrón maior a candidato do PP en Corcubión

O que foi patrón maior durante 30 anos da Confraría de Corcubión, José Domínguez Buiturón (1959), encabezará a lista do PP de Corcubión nas municipais de maio. Tras moitos anos de liderazgo de Gema Freire, despois do amago do edil José Ramón Rojo, finalmente será Buiturón o que busque aumentar a presencia popular nun pleno historicamente comandado por socialistas ou nacionalistas.

O agora xubilado segue moi vinculado á actividade pesqueira, e toma a decisión de dar o paso á fronte coa o intención de formar un “grupo amplo de traballo” e co obxectivo de poder ofrecer unha alternativa que xere a “ilusión necesaria” para lograr o cambio que necesita o municipio.

Máis novas sobre as eleccións

Comentarios