Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Lamentan a perda da oportunidade para solicitar fondos europeos na loita contra o despoboamento

Vistas de Corcubion-Leo
Vistas de Corcubión. Foto: Leo
Lamentan a perda da oportunidade para solicitar fondos europeos na loita contra o despoboamento
Neste caso ficamos en Corcubión pero seguro que sería unha denuncia que poderían facer os grupos municipais doutros concellos. O BNG de Corcubión critica que o goberno local non presentase ningún proxecto para solicitar fondos europeos.

Lamentan que o prazo para presentar as manifestacións de Interese orientadas a identificar e localizar proxectos solventes con impacto para o reto demográfico e a loita contra o despoboamento para concellos de menos de 5.000 habitantes, rematou o 23 de decembro sen que o goberno local entregara ningún proxecto. O Bloque considera moi grave “o desinterese mostrado polo goberno local”, tendo en conta que a dedicación e media que ten o grupo de goberno, e o ADL deberían ter movido algún proxecto.

En todo caso, Corcubión perdeu unha boa ocasión para solicitar proxectos para paliar loita contra o despoboamento, proxectos de para a mellora da eficiencia enerxética e rehabilitación da contorna edificada e de vivendas, proxectos de saneamento e depuración en núcleos rurais, proxectos de conectividade dixital en áreas rurais de difícil cobertura, tanto de banda ancha como móbil, proxectos para promocionar destinos turísticos sustentables, proxectos de recuperación do patrimonio e difusión de proxectos culturais ou de atención e coidado das persoas en áreas rurais ou en despoboamento, entre outros.

O voceiro nacionalista, Lois Lado, manifestou “o alcalde está sen ideas e perdeuse unha oportunidade para defender os intereses dos veciños e para impulsar a economía de Corcubión”.

Comentarios