Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laxe, Corcubión, Muxía e Malpica recibirán a XXXIX Regata Rías Altas

Laxe, Corcubión, Muxía e Malpica recibirán a XXXIX Regata Rías Altas

39 anos de histora contemplan esta proba deportiva. A XXXIX Regata Rías Altas, que organiza o Real Club Náutico da Coruña, centratarse este ano na Costa da Morte. As localidades de Laxe, Corcubión, Muxía e Malpica serán os destinos das etapas.

Serán uns 20 barcos de toda Galicia os que participarán entre os días 21 ao 25 de xullo na proba, sendo o "Raygrass III" Club Marítimo Carrumeiro de José A. Núñez, gañador da edición 2011, o favorito. Aínda que non llo porán nada fácil as unidades locais como "Esoga" de Francisco Edreira, recente vencedor da "Regata Illas Sisargas", o curmá 38 "Gómez" de Andrés Soto, o Farr 42 "Mirfak" da Armada Española ou o X-60 "Hansa" de Julián Ojea que neste tipo de regatas costeiras longas pode dar a sorpresa.

Etapas da XXXIX Regata Rías Altas

  • Sábado 21 de xullo, A Coruña - Laxe.
  • Domingo 22 de xullo, Laxe - Corcubión.
  • Luns 23 de xullo, Corcubión - Muxía.
  • Martes 24 de xullo, Muxía - Malpica.
  • Mércores 25 de xullo, Malpica - A Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Carrumeiro.

Comentarios