Venres. 03.05.2024
El tiempo

O mar de Corcubión, pendente dos posibles retrasos do porto mixto

Pepe Buituron e Luis Corral coa Secretaria
Pepe Buiturón e Luis Corral coa Secretaria
O mar de Corcubión, pendente dos posibles retrasos do porto mixto

Este venres reuníanse en Santiago de Compostela, o representante da Confraría de pescadores Corcubión e o portavoz da Plataforma “Porto Si Mortos Non” con Carmen Bouso, Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. A xuntanza serviu para tratar varios temas relacionados co proxecto do porto mixto de pesca de baixura e náutica de recreo.

Sobre a posible afectación na marcha do proxecto do porto mixto pola Lei de ordenación do litoral da Xunta, actualmente recurrida polo goberno central, a Secretaria trasmitiu que “non afectará a esta infraestrutura”, cuio proxecto de impacto ambiental atópase en exposición pública ata este 30 de novembro. Polo de agora todas as administracións e entidades galegas consultadas deron os seus informes favorables, pero faltan os da Dirección Xeral da Costa e o Mar de España, que é o órgano directivo do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, adscrito á Secretaría de Estado de Medio Ambiente, que asume a xestión do dominio público marítimo-terrestre e o desenvolvemento das políticas de conservación da costa e o mar.

”Desde a Plataforma “ Porto Si Mortos Non” , continuaremos realizando o seguimento desta xestión coas distintas administracións, evitando o atraso das xestións pertinentes”, aseguran.

Novas relacionadas

Comentarios