O enésimo barco ás pedras de Santa Isabel
- "Un exemplo máis da necesidade urxente de dispoñer Corcubión do porto mixto de pesca de baixura e náutica de recreo”, sinalan dende a vila de San Marcos.
17:12 04/11/23
- Se cando a vila de Corcubión pide, dende hai anos, un porto mixto é por algo. Cada ano repítense sucesos coma que o que acontecía esta mañá de sábado 4 de novembro coa chegada da borrasca “Domingos”.
Unha embarcación soltábase do morto e saía á deriva, acabando no areal de Santa Isabel, por sorte sen sufrir grandes danos como ocorreu noutras ocasións, sendo remolcada por outra embarcación ao pantalán.
”Un exemplo máis da necesidade urxente de dispoñer Corcubión do porto mixto de pesca de baixura e náutica de recreo”, sinalan dende a vila de San Marcos.
Novas
SUCESOS semellantes
- Novembro 2022: Outro barco de Corcubión acaba nas pedras.
- Outubro 22: Crean a Plataforma "Porto si, Mortos non" para esixir o porto mixto de Corcubión.
- Outubro 2019: Outra embarcación ás pedras de Santa Isabel.
- Xuño 2019: A #BorrascaMiguel mandou unha lancha ás pedras de Santa Isabel.
- Maio 2019: Outro barco ás rochas de Santa Isabel.
- 2016: Afunde unha embarcación no porto de Corcubión.
- 2011: Rescatan un barco de pesca que varou en Corcubión polo temporal.