Venres. 11.10.2024
El tiempo

Marisa Vidal Collazo: “O feminismo ten que entrar en todos os campos, tamén no sentir relixioso”

A teóloga e escritora cormelá trae o seu libro ”Eu son Exeria” a Corcubión da man da Asociación Feminista Buserana
Marisa Vidal Collazo asinando libros de Exeria
Marisa Vidal Collazo asinando libros de Exeria
Marisa Vidal Collazo: “O feminismo ten que entrar en todos os campos, tamén no sentir relixioso”

Este venres 13 de maio, a Asociación Buserana organiza a presentación dun libro moi especial. Marisa Vidal Collazo pertence á Asociación Mulleres Cristiás Galegas “Exeria” que en Galicia lidera a Revolta das Mulleres na Igrexa. Teóloga, profesora e activista dos dereitos das mulleres dentro da Igrexa, e teóloga, como ben indican os seus apelidos, é natural de Corme, polo que a súa visita a Corcubión ten doble sentido.

A cita co seu libro ”Eu son Exeria” (editado por Galaxia) é este venres 13 de maio ás 20:30h na Capela do Pilar de Corcubión, e estará acompada da ilustradora Sole Pite Sanjurjo. Con elas, Paula Pérez fará unha lectura dramatizada dos textos do libro.

Queremos coñecer un pouco máis desta muller, afincada dende a Universidade en Compostela, pero que mantén firme as súas raíces, e as lembranzas da súa infancia na vila do Roncudo, con presencia continua na súa vida.

Marisa Vidal Collazo trae exeria a Corcubion

  • QPC: Quen é Exeria?

Exeria foi unha viaxeira que no ano 382 fixo unha viaxe dende Gallaecia ata Terra Santa. Exeria, para as mulleres imboliza moito, porque é unha muller buscadora, que quere ir ver, non quere que lle contan, e o máis importante, que recolle por escrito o que ve.
Vai cunha viaxe programada, pensada, e ela dedica todo o escrito a un grupo de mulleres amigas, e podemos comprobar que hai unha preparación e un traballo de documentación colectivo, que Exeria vai completando, coas súas referencias bíblicas e outros libros apócrifos que elas xa manexaban en Gallaecia.
Retratarnos tamén a Igrexa do século IV, nun momento de cambios, cando empeza a entrar no mundo do poder. E lendo entre liñas, ves aquelo que Exeria non conta por prudencia pero que se entende.

Quixen coller ese itinerario, e contrastralo con outras mulleres que tamén no século IV fan cousas moi importantes no seo da Igrexa pero que non se coñece.

 
  • QPC: O libro conta ademais coas ilustracións de Sole Pite.

Si, Sole foi a miña profe no Rosalía de Castro cando empecei, e dende esa estamos na revista “Encrucillada”, unha revista de pensamento cristián, en galego, na que levamos 40 anos, ela ilustrando e eu no comité de redacción.

 
Marisa Vidal Collazo con
Sole Pite e Marisa Vidal Collazo nunha presentación
  • QPC: E como se unen o mundo do feminismo e o cristianismo?

Sempre fun cristiá. Descubrín o femininismo e a descubrín a “Teoloxía feminista”, que se leva facendo dende os anos 80 en Alemaña, EEUU… lendo a teólogas, a historia se nos conta dende a vista dos homes. Na Igrexa pasa como no resto do campos. Como na ciencia, onde pouco a pouco imos sabendo historias importantes de mulleres que foron silenciadas. Hai que ir desemarañando todo e ir descubrindo as mulleres importantes que foron e son importantes na Igrexa.

 
  • QPC: E a túa relación con Buserana vén de lonxe entón?

En Buserana tamén hai mulleres en Mulleres Cristiás Galegas. Sabemos unhas das outras e nos apoiamos. Cando as Buseranas viron que saía o libro, rapidamente dixeron que isto o tiñan que levar alí. Xa tiveramos moitas relacións cando faleceu a corcubionesa Asun Louzán, por exemplo.

 
  • QPC: Poucas mulleres se coñecen no mundo da igrexa aínda a día de hoxe, non?

Por iso, pero habelas hailas, e hai moitas. Imos rescatando moitas no libro.

 
  • QPC: Que máis cousas facedes na Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria?

Agora mesmo estamos traballando nun proxecto internacional que se chama “Sínodo de Mulleres na Igrexa”, con 5 temas fundamentais que imos traballando en grupos para compartir no Vaticano no mes de outubro.
Ademais formamos parte da Revolta das Mulleres na Igrexa, un movemento a nivel estatal con 18 cidades do estado español.

 
  • QPC: E escóitanvos os de arriba?

Os de arriba van escoitando, que remedio lles queda. Pero como en todas partes, desgraciadamente tampouco aquí somos prioridade. Temos que están empurrando e berrando para que nos oia.

 
  • QPC: Notaches algunha vez rexeitamento do movemento feminista?

Dende a Asociación Mulleres Cristias Galegas Exeria (estamos en Vigo, Santiago e Pontevedra), levamos presentes no mundo do feminismo dende os 2000, xa cando comezou a entrar a Marcha Mundial das Mulleres en Galicia.
Non se nos ve moito dentro da Marcha, pero pasa o mesmo con outras entidaes, e iso é bo. O feminismo ten que entrar en todos os campos, tamén no sentir relixioso e no pensar a deus.

Comentarios