Venres. 26.04.2024
El tiempo

#8M: Colectivos feministas e veciñanza demostraron que a loita da muller segue máis activa ca nunca

Concentracion 8M Cee-Foto-Rafa Quintans
Concentración do 8M en Cee-Foto-Rafa Quintáns
#8M: Colectivos feministas e veciñanza demostraron que a loita da muller segue máis activa ca nunca

Culmináronse as accións arredor do Día Internacional da Muller coas concentracións en Cee e Carballo convocadas polos colectivos feministas. A Asociación Feminista Buserana e o Círculo Feminista de Carballo volvían á rúa demostrando as gañas e, sobre todo, a necesidade de seguir loitando pola consecución real de dereitos.

Centos de persoas ateigaron de cor morado tanto a Praza 8 de marzo de Cee como a Praza do Concello de Carballo, recuperando eses ambientes festivos e reivindicativos que enchen de orgullo a cada persoa que participa nestas mobilizacións.

En Cee, o colectivo Buserana, despois de estar compartindo ao longo da semana unha serie de viñetas que describen as desigualdades máis básicas que esta sociedade ten coa muller, propuxeron unha concentración máis interactiva, e foron mulleres voluntarias as que leron o manifesto e as que rexistraron as súas peticións nun taboleiro.

Puxeron o foco en datos como en que a muller ten 10 anos menos de cotización que un home. O 98% das persoas que abandonaron o traballo nesta pandemia para afrontar os coidados de familiares foron as mulleres.

Concentracion 8M Cee-Foto-Rafa Quintans 3
As mulleres escribiron no taboleiro-Foto-Rafa Quintáns

En Carballo, o Círculo Feminista considerou moi importante á volta á rúa tras estes anos de pandemia, "para que a loita feminista non se apague, xa que as reclamas seguen a ter vixencia e non hai máis que ver as 14 mulleres asasinadas no que vai de ano pola violencia machista. 
Valoran moi positivamente a resposta da veciñanza, que pode ser un bo punto de partida para retomar a forza do movemento antes do COVID. As convocantes leron un sentido o manifesto lema baixo a pancarta ”Contra o patricarcado, feminismo organizado”, falando de violencias, de igualdade laboral…. "Aquí está, aquí se ve, o feminismo galego en pé", foi un dos cánticos que máis se repetiu.

 
Concentracion 8M Carballo-Foto-Rebelion Aluminio
Concentracion 8M en Carballo-Foto-Rebelion Aluminio
Concentracion 8M Carballo-Foto-Rebelion Aluminio 2
Concentración en Carballo-Foto-Rebelión Aluminio

Crónicas sobre o 8M

Comentarios