Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Mercado Medieval de Corcubión colle forma teatral

Cartel do Mercado Medieval de Corcubion 2023
O fermoso cartel é obra de Paula Lorenzo Cristino.
O Mercado Medieval de Corcubión colle forma teatral

Conta as horas o pobo de Corcubión para esta edición do Mercado Medieval de Corcubión. Non hai como un SOS para poder reactivar unha festa que levaba en modo automático durante varios anos, con pouca innovación e mesmo perdendo parte da súa maxia: o pobo.

Pero o pobo respondeu a ese SOS e volverá ser protagonista. Xa son máis de 400 as colaboracións (tanto de casas colaboradoras como da veciñanza) as que aseguranq ue os 28, 29 e 30 de xullo a vila de San Marcos volverá trasladarse ao Medievo.

Polo de pronto xa coñecimos onte o cartel da man de Paula Lorenzo Cristino.

Se ben o vindeiro luns haberá unha presentación para os medios ás 12:00h no Salón de Plenos, Marina Gómez, directora artística do Desembarco, xa nos avanza que vai ser unha edición diferente, “máis teatral”, co pobo moito áis presente e protagonista, e con diferentes colaboracións sorpresa de entidades locais e mesmo artistas internacionais. O Desembarco será no areal do centro da vila, aínda que polas mareas terá que ter un horario máis diurno que nocturno.

Casas colaboradoras

O grupo promotor vai agradecento nas redes a colaboración e implicación da vila.

Comentarios