Luns. 16.09.2024
El tiempo

A Asociación Organizadora do Mercado Medieval báixase do barco

Membros da Asociación Organizadora do Mercado Medieval de Corcubión que leva ao mando dende 2011 da fermosa festa
A Asociación Organizadora do Mercado Medieval báixase do barco

A apenas mes e medio do evento, e apesar das verbas que nos trasladaban a semana pasada, a Asociación Organizadora do Mercado Medieval de Corcubión anuncia que "a XX edición do ano pasado (2022) foi a derradeira festa medieval que organizamos nós".

Tras 12 anos e 10 edicións á fronte da organización da festa, recoñecen un "cansazo acumulado que fai que  decidamos tomar esta “difícil” decisión".

Non queren vincular o Mercado coa política, pero tras máis de 10 meses do remate da anterior edición, anuncian hoxe, unha semana despois do cambio no goberno municipal provocado polas eleccións municipais, o seu abandono. De feito, no mesmo comunicado que lanzan esta tarde de venres entenden que "ao abrirse un novo ciclo político en Corcubión, é o momento adecuado para que outras persoas tomen a iniciativa e collan o noso relevo".

Quédalle agora un papel complicado ao novo grupo de goberno, pendente ademais da resolución do voto pintado para saber cando se vai realizar a investidura, e pendente se volve haber un grupo de traballo (por exemplo aquel que arrincou a festa e que se mantivo durante 10 anos) que queira asumir a organización, cun mes de prazo, para organizar o evento. Queda solicitada a subvención da Deputación para o Desembarco, e a petición de ser catalogado como Festa de Interese Turístico Galego. 

En calquera caso, cómpre valorar o traballo deste grupo de veciños e veciñas que mantiveron viva unha fermosa e auténtica festa.

Ollo que a festa vaise celebrar a fin de semana do 21, 22 e 23 de xullo, coincidindo coas Eleccións Xerais...

MÁIS INFO

CRÓNICAS DOS MERCADOS

Comentarios