Martes. 16.04.2024
El tiempo

Mes de exposicións submariñas pola comarca de Fisterra

Mes de exposicións submariñas pola comarca de Fisterra

Salientamos hoxe dúas fermosas exposicións que se poden disfrutar pola zona de Fisterra, completando as que xa se poden ver na Lonxa de Fisterra unha fotográfica de Xusto Fisterra e no propio Faro Fisterrán coas imaxes de Teresa Búa. Dúas exposicións que ademais teñen un foco común: Os Fondos Mariños: Unha é de fotos submariñas, e outra, dos famosos murais de azulexo de Lar, que este ano tiñan como fío argumental, precisamente a riqueza do noso mar.

Exposición Submariña na Lonxa de Fisterra

Durante todo o mes de xullo poderase ver na lonxa turística de Fisterra a explosión de fotografía submariña onde se verán as fotografías que gañaron no circuíto galeg. Entre elas as que se realizaron no Campionato Galego Cabo Finisterre celebrado en Fisterra o ano pasado nas Illas Lobeiras, que foi organizado polo Club de Sumbarinismo Finisterre e a FEGAS coa colaboración da Confraría de Pescadores de Fisterra e o Concello de Fisterra.

O horario da exposición é durante a poxa do peixe entre as 16:00-20:00h, de luns a venres.

Os Murais de Lar en Fisterra e Corcubión

E os murais de azulexo que veñen facendo os alumnos de toda a bisbarra xa están doblemente expostos. A coleccion "Regata", cuxo tema de traballo foron " Os Fondos mariños" xa esta no Faro Fisterra, un conxunto de 11 obras realizadas polos Institutos Costa e as asociacións Apem, Aspadex, e Íntegro.

Ademais, xa se está colocando a colección "Fin do camiño", un conxunto de obras de forma cilindrica, que se no recheo de pertencentes ao III Concurso de murais, cuxo tema de traballo nesa edicion foi " O camiño de Santiago".

Así mesmo a videira semana será Muxía a que acolle a colección "Xogos Populares", realizada na IV edicion de Concurso.

Estas obras estan para o goce de todos os paseantes que desexen contemplar o gran traballo e a calidade do mesmo, valorando o que esten feito por alumnos de 16 anos e por asociacións con persoas discapacitadas intelectual e psiquicamente.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios