Mitoloxía galega, ruta de pinchos, desfile, festa e Enterro da Sardiña para o Entroido de Corcubión

A actividade inaugural do Entroido en Corcubión comeza este xoves, 27 de febreiro, ás 19:00 horas, terá lugar na Biblioteca Municipal de Corcubión a presentación de KÉLTIGA, a última obra creativa da pintora e antropóloga KATOVA afincada en Mondoñedo, Lugo. Esta baralla de CARTAS MITOLÓXICAS GALEGAS vai acompañada dun libro explicativo trilingüe (galego, castelán e inglés).
Este xogo conta con 108 cartas organizadas en familias e sagas que amosan un universo simbólico de profundas raíces celtas. KÉLTIGA pode utilizarse como ferramenta de introdución á antropoloxía cultural de Galicia, como xogo e tamén como Tarot.
As actividades do Entroido continúan o venres 28 cunha ruta de pinchos entroidais polos bares da vila. o Sirena, o Ribeiro, o Mar Viva, o Alborada, o San Martín, o Carrumeiro e o Suiza, darán pinchos de 13:00h a 15:30h e de 19:30h a remate de existencias, amenizados polo grupo “A Tripulasión”.
Xa o sábado 1 haberá festa popular e desfile e o Entroido remata o mércores 5 co Enterro da Sardiña.
Obradoiro infantil
Ademais, e paralelo a Mostra de Rosalía aberta na Biblioteca, propoñen un Obradoiro especial: Dioramas De Rosalía. A cita será o próximo xoves 6 de marzo ás 17:00 horas, dirixido ao público infantil, como precursores da iniciativa de conmemorar a Rosalía filla adoptiva de Corcubión. O Obradoiro é impartido por Títeres Babaluva realizando CAIXAS CONTO a partir de poemas de Rosalía, despedindo así a fermosa Exposición da poeta predilecta.