O Museo Seo de Corcubión cae a pedazos… literalmente

06:14 12/02/20
Ademais de ser unha gran perda para o patrimonio costeiro, a situación de extremo abandono do Museo Seo de Corcubión está convertíndose nunha seria ameaza para a seguridade.
Así o denuncian varios veciños que comprobaron como se desprendeu unha viga do beirado da galería do edificio, caída nun pleno paseo marítimo de Quenxe moi concorrido polos camiñantes da “ruta do colesteriol”.
Pechado dende 2014, pola desatención da finada Neria e a falta de interese de propietarios e administracións, só a Deputación da Coruña fixo un amago de intentar reflotar o museo, sen visos de facerse realidade, polo de agora.
Un espazo que podería convertirse nun marco ideal para acoller un hipotético Museo Subactuático da Costa da Morte.Novas relacionadas
- Decembro 18: Estragando unha gran ocasión co esfolado Museo Seo de Corcubión
- Novembro 2018: Miguel San Claudio: ”Ogallá os responsables políticos sexan conscientes do que teñen co patrimonio náutico e subacuático da Costa da Morte e lle saquen partido”.
- 2016: A Deputación intentará reflotar o Museo Seo de Corcubión.
- Marzo 2015: Contra o pasamento do Museo Seo de Corcubión.