Martes. 19.03.2024
El tiempo

“Non é un best seller pero é o único libro que conta a historia tan detallada do Carromeiro Chico”

Vicente Jesus Bernal co libro sobre o Carromeiro e unha maqueta feita por Pepe do Raio
Vicente Jesus Bernal co libro sobre o Carromeiro e unha maqueta feita polo seu querido Pepe do Raio
“Non é un best seller pero é o único libro que conta a historia tan detallada do Carromeiro Chico”

Xa está na rúa o libro de Vicentre Bernal, "Carromeiro Chico. Historia de una baliza de leyenda". Xa nos falado do Carromeiro nos seus artigos históricos en QPC, pero desta volta dalle un bo repaso á historia deste singular elemento que vixía a entrada na ría de Corcubión.

Trátase dunha autoedición, co risco que conleva, pero co valor da “responsabilidade histórica de deixar por escrito unha parte do noso patrimonio pagando do meu peto, antes de perder toda la información que recadei no 2017 para o Centenario da baliza". Unha información que levaba 100 anos esquecida nun arquivo Histórico de Madrid, que Vicente rescatou a través de Francisco Rebollo.

Xa podedes facervos cun exemplar no Kiosco Rosalía e na mercería Cacane de Corcubión, e na Librería Mestura de Cee. E tamén na web da Central Librera de Ferrol.
A compra ademais será solidaria, pois por cada libro, 1 euro será doado ás Asociación Española de loita contra o Cancro, á Asociación Galega de Ataxias e á Asociación Ataxia Costa da Morte, unha enfermidade que padecen varios veciños de Corcubión aos que Vicente ve loitar diariamente.

Libro Carromeiro Vicente Bernal

Artigos de Vicente Bernal en QPC

Comentarios