Non hai dimisión en Corcubión
Pedía o BNG corcubionés a dimisión dos 3 edís imputados do grupo de goberno local. Onte tiña lugar o pleno no que o grupo da oposición pedía a dimisión, pero o grupo de goberno, se ben aceptou a “mala imaxe” que dá o Concello, non aceptou a dimisión amparándose na presunción de inocencia.
O alcalde, Francisco Lema Chisco, alegou á súa “experiencia” e “responsabilidade” para non dimitir, a pesar de recoñecer que se fose un “recén chegado á política”, dende a oposición esixiría o mesmo.
O BNG puxo o exemplo do grado de imputacións do Concello de Santiago, cun 85% dos edís do grupo de goberno imputados, e dimitidos en bloque.
O alcalde esta imputado pola Operación Orquesta, o edil de Cultura José Louro Pais pola Operación Forrest por asuntos axenos ao seu traballo no Concello, e o teniente alcalde Manuel Insua tras unha denuncia do PP polo caso do electricista, por avalar que o abogado do alcalde se pagase con cartos públicos.
Novas relacionadas
- O BNG de Corcubión solicitará nun pleno a dimisión dos concelleiros imputados.
- Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
- O Concello de Corcubión non gaña para sustos coa imputación do edil de Cultura na Operación Forrest.
- A Operación Orquesta por Concellos (III): Corcubión e Muxía.
Fonte
- li>Redacción de QPC ([email protected]).