Nova convocatoria do "Envellecemento Activo" en Corcubión
07:34 26/01/18
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Corcubión, pon novamente en marcha o programa de Envellecemento Activo 2018: Actividade de Ioga.
O programa de envellecemento activo ten caracter anual e esta primeira fase será dende o 1 de febreiro ao 31 de maio, todos os martes e xoves de 17.00 a 18.00 horas.
Tódalas persoas residentes en Corcubión, maiores de 55 anos, poderán inscribirse nesta actividade que coma sempre se desenvolverá na Casa da Cultura.