O alcalde de Corcubión asegura que hai un proceso de contratacion aberto para o mantemento eléctrico


Esta semana a voceira do PP de Corcubión denunciaba a contratación a dedo do servizo de mantemento eléctrico por parte do Concello. Hoxe, o alcalde Francisco Lema "Chisco", envía un escrito no que asegura que "a propia Gema Freire se descalifica ela soa" acusándoa de descoñecemento. Chega mesmo que a "é penoso ver como a voceira (im)popular procura desesperadamente protagonismo nos medios acusando de ilegailidades ao Concello".
I é que segundo o alcalde "o Concello de Corcubión ten aberto un proceso de contratación para o mantemento da rede eléctrica municipal" e que dito proceso "aínda non está concluído polo que non se sabe a empresa adxudicataria da licitación". Ademais, sinala que "o proceso garante os principios de publicidade, capacidade e mérito e non conta con informes negativos da secretaria-interventora do Concello".
Novas relacionadas
- O PP de Corcubión denuncia a contratación a dedo do mantemento da rede eléctrica municipal.
- O BNG de Corcubión pide que o alcalde abone do seu peto os 15.000€ de multa polo Caso Sambade.
- O PP de Corcubión denuncia máis consecuencias do Caso Sambade.
- Oscar Insua deixa o seu posto como concelleiro de Corcubión.
- A Operación Orquesta por Concellos (III): Corcubión e Muxía.
- Nota de prensa do PSOE de Corcubión.