Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG critica a postura da Xunta co centro de día de Corcubión

O BNG critica a postura da Xunta co centro de día de Corcubión
Edifico-do-Antigo-Asilo-de-Corcubion O edifico do antigo Asilo de Corcubión leva anos preparado para acoller o centro de día O BNG da Costa da Morte critica as declaracións feitas o pasado xoves polo delegado da Xunta - Ovidio Rodeiro - durante a súa visita á zona onde dixo que “non ten sentido facer colexios onde non hai nenos, o mesmo que non ten sentido abrir o centro de día cando a demanda está cuberta”, en referencia ao centro de día de Corcubión asegurando que "as necesidades estaban cubertas cos centros de día de Cabana e Muros". Para Serxio Domínguez, responsable comarcal do BNG - o delegado "obviou o dato máis importante, a distancia a que se encontra dos lugares máis lonxe". Para o BNG está clara a necesidade deste servizo - que se reclama xa dende o ano 2009 - xa que "ninguén entería unha comarca sen servizos de gardería". Por este motivo instan a que a Xunta "repense a aús postura e poña en marcha o centro de día comarcal de Corcubión". Así, a vindeira os nacionalistas presentarán unha moción en cada un dos concellos no ámbito de influencia co fin de trasladar a Xunta a necesidade deste servizo. "Desde o BNG tentamos ser coherentes e non prometer imposibles nos nosos programas electorais, e digo isto porque se vén asegurando que todos os partidos levaban a promesa de construír un centro de día en Cee, mais non é así. No programa electoral do BNG falabamos de loitar pola apertura do de Corcubión, e non de un novo, conscientes da necesidade de dar pasos realistas e non falsas promesas, polo que agora é hora de que todos os grupos se pronuncien sobre unha realidade, que non é outra que a de que o PP non vai abrir unha instalación feita para ese uso en concreto e que pensa en adicar a outra cousa" manifesta Serxio Domínguez.  

Novas relacionadas

  Fonte

Comentarios