Venres. 05.06.2020
El tiempo

O BNG de Corcubión insta ao alcalde a reflexionar

O BNG de Corcubión insta ao alcalde a reflexionar

Non para a vida política corcubionesa de sacar declaracións críticas entre uns e outros. Se a semana pasada era a voceira do PP a que pedía a dimisión do alcalde por un asunto como o da Bandeira Azul na praia de Quenxe, hoxe é o voceiro do BNG o que "invita a reflexionar ao alcalde" Francisco Lema, Chisco.
E fai tras un novo episodio do Caso Sambade, o electricista. Para o BNG "é moi grave a actitude do alcalde contra este empregado, pois cabe recordar que xa lle impuxeron unha multa por acoso, dictamen que ten recorrido de novo na xustiza".

O BNG critica "mala fe" por parte do alcalde para co empregado municipal ao tempo que denuncia que os xuizos supoñen un "despilfarro de cartos do concello".

Por último, o edil nacionalista comentou que “As declaracións do alcalde feitas na prensa son repugnates e impropias dunha persoa que representa a un pobo, nelas vese claramente o desprecio que ten hacia o empregado municipal, tratandoo como se fora un trapo, é hora de que comece a reflexionar sobre a súa continuidade como alcalde”.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.

comentarios