Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O PP de Corcubión pide a dimisión do alcalde pola perda da bandeira azul en Quenxe

O PP de Corcubión pide a dimisión do alcalde pola perda da bandeira azul en Quenxe

A portavoz do PP en Corcubión, Gema Freire Insua, volve hoxe á voz pública para pedir, unha vez máis, a dimisión do alcalde, o socialisa Francisco Lema, Chisco. E o fai tras lembrarlle que se ben o Concello recuperou o pasado 2011 a Bandeira Azul para a praia de Quenxe, pero que foi eliminada a comezo do ano pola falta de socorristas e falta de accesibilidade.

Freire apuntou que "a bandeira azul ondeou o ano pasado na praia de Quenxe porque a institución que controla este distintivo, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), non quixo retirala a metade do verán".
Freire destaca que un mes despois de conseguir a bandeira "chegou un comunicado ao Concello, no que este organismo advertía ao alcalde de que lle daba un prazo de seis días para emendar unha serie de deficiencias: seis prazas máis para bicicletas, delimitar a zona de baño con boias, mellorar os accesos a minusválidos, completar os aseos públicos e contratar a un socorrista máis, entre outras moitas melloras", apunta Freire.

Así, Freire, ante a petición do alcalde da súa dimisión como concelleira, asegura: "Se alguén ten que dimitir é el e así o cre a maioría dos corcubioneses, que teñen que soportar todos os xuízos nos que está metido o alcalde". E asegura que só faltou a un pleno nesta lexislatura de paso que critica as "descalificacións que ultimamente está utilizando o rexedor para referirse a ela"

Se ben o feito de que unha praia como a de Quenxe poida conseguir a Bandeira Azul dá conta do pouco sentido do distintivo, é curioso tamén que goberno e oposición se enfronten deste xeito por el.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Corcubión.

Comentarios