Luns. 09.09.2024
El tiempo

O BNG de Laxe e Corcubión denuncian a falta de interese do PSOE en formar gobernos de maioría

O BNG de Laxe e Corcubión denuncian a falta de interese do PSOE en formar gobernos de maioría

En Laxe, o BNG axudou co seu votos á investidura do socialista Mouzo Castiñeira. En Corcubión, non fixo falta, pois os 34 votos de diferencia permiten que Lalo Insua sexa alcalde. E ambos propuxeron formar gobernos de coalición, como está acontecendo noutros concellos de toda Galicia (aquí en Coristanco, Fisterra e Ponteceso), pero parece que a lexislatura desenvolverase con sendos gobernos en minoría.

Por Corcubión

Enviaba o BNG de Corcubión unha proposta para formar goberno de maioría, pero parece que non sae adiante. Non conseguimos falar co PSdG, se ben o BNG pedía acabar coas “políticas baseadas no enfrontamento”, pero “atopámonos inexplicablemente cun rexeitamento a este ofrecemento”, indica o seu voceiro Xosé Ansede.

Consideran que “non é de “sentido común”, que se pretenda gobernar só cun terzo da corporación (3 de 9) cando existe unha forza política, que se ofrece p”ara garantir un goberno estable”. E “sorprende que o PSOE pretenda seguir cunha política continuista, baseadas só na xestión administrativa do día a día, sen un proxecto político nen ideas claras para un avance real do noso pobo”.

Pide ao PSOE que se “desvilncule do seu pasado” e aseguran seguir tendo a “man tendida”.

Por Laxe

Envía o BNG unha Carta Aberta á súa militancia para explicar a situación despois de unha dedicación exclusiva rompía o acordo de goberno. Pide que se publique enteira:

  • 1. O BNG-Asembleas Abertas defende un goberno para Laxe sólido, eficaz e estábel, onde a transparencia e a igualdade de oportunidades sexan dous principios fundamentais , asumindo responsabilidades de goberno cun programa común: mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas de Laxe, e sanear a nefasta situación económica do Concello.
  • 2. O BNG-Asembleas Abertas asumiría dúas áreas de goberno: Promoción Económica (Emprego, Comercio, Hostelería, Turismo, Pesca e Agro, todas elas areas propias de xestión de promoción económica, non de indepentes) e Servizos Sociais. O PSOE encargaríase de Obras, Servizos, Urbanismo, Medio Ambiente, Cultura, Deportes, Facenda, Persoal, Protección Civil, Seguridade Cidadá, Tráfico, Praias, Festexos e Educación (que non son 3 como di o PSOE).
  • 3. É unha cuestión de principios, dada a pésima situación económica do Concello de Laxe, que o BNG rexeite o incremento de gastos dos cargos do goberno municipal. O PSOE tense que conformar cunha dedicación exclusiva para o alcalde cun salario neto de 1.800€, que nunca foi cuestionada, e dúas parciais (unha para o PSOE de 6 horas cun salario neto de 1.100€ e outra para o BNG de 4 horas cun salario neto de 800€).Se no futuro aparecen síntomas de melloría na situación económica municipal, poderíase revisar esta situación.
  • 4. O BNG-Asembleas Abertas lamenta a postura intransixente do PSOE por preferir un goberno débil, en minoría e cun pacto encuberto co PP para que lles aproben os seus salarios, coa única finalidade de impedir ese goberno estábel, sólido, transparente, eficaz e duradeiro, que os veciños e veciñas de Laxe demandan para os próximos catro anos.
  • 5.O BNG-Asembleas Abertas aínda está á espera da contestación por escrito do Psoe ao documento programático que lles entregamos, e que nós xa fixemos público.

Dende a primeira reunión co Psoe o BNG renunciou a:

  • Xestionar a Concellería de Obras e Servizos, innegociábel para eles, que pedimos en primeiro lugar, pasando a pedir Promoción Económica e Servizos Sociais, ésta última tamén irrenunciábel para o Psoe na última reunión co Alcalde.
  • Un salario de 955€ netos que o Psoe nos propoñía por media dedicación e pasar a cobrar 800€ netos e mesmo 700€ na última reunión co Alcalde.
  • A primeira tenencia de alcaldía pola segunda como así se lle transmitiu ao Alcalde na última reunión no seu despacho.
  • Tamén pasamos de pedir media dedicación(4 horas) da concellería de obras e servizos a unha de 6 horas (75% en vez de 50%).

Nas numerosas reunións que mantivemos co Psoe nunca recibimos ninguna proposta CONCRETA, nin verbalmente nin por escrito, cousa que si nós fixemos dende a 2ª reunión, o que para nós é unha evidencia de que nunca quixeron formar un goberno estable e que o único que lles interesaba de nós era o noso voto na investidura.

  • BNG de Laxe.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do BNg de Laxe e Corcubión.

Comentarios