Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Centro de Día de Corcubión ve a luz

O Centro de Día de Corcubión ve a luz
O ex presidente da Deputación Moreda vendo as obras do Centro de Día de Corcubión no 2011

Facía ano e medio que non tiñamos novas do Centro de Día de Corcubión Un proxecto que arrincaba no 2009, pero que dende o 2011, e por falta de financiamento, quedou parado.

Hoxe, o alcalde corcubionés, Francisco Lema “Chisco”, e o presidente da Deputación, Diego Calvo, asinaron dous convenios de colaboración por valor de 22.536.60 euros cos que financiar as obras de construción do centro de día do municipio.

Unha axuda que esperan sirvan para rematalo e poñelo en marcha, pero de todos modos non se sabe nada nin sobre as datas de apertura nin sobre o modelo de xestión que se utilizará. O asilo contará, inicialmente, con 20 prazas.

Tipo de obras

O primeiro dos acordos recolle unha achega por parte da institución provincial de 19.758,20 euros, o que supón o 100% do orzamento necesario para financiar o subministro dunha plataforma elevadora para o acceso adaptado desde a planta baixa á terraza exterior e outra que comunique a cociña da do baixo co comedor do primeiro piso.
Por outra banda, o segundo dos convenios, que conta cunha dotación de 2.778,40, o 100% do orzamento, permitirá a instalación do sistema de detección e alarma de incendios para o edificio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación

Comentarios