O Goberno anula a adxudicación da praia artificial de Corcubión
Rematou a loita do pobo corcubionés contra o chamado Proxecto de Rexeneración da Praia de Corcubión. Finalmente a praia artificial de Corcubión non se "construirá". O Goberno Central respostaba hoxe unha pregunta do BNG no Congreso dos Deputados con sobre o asunto con esta simple resposta:
- "El Gobierno entiende la posición del Ayuntamiento de Corcubión manifestada en Acuerdos de Pleno en los que rechazaba la obr de Regeneración de la playa de Corcubión, procede a anular la adjudicación realizada, por lo que ha iniciado los trámiter necesarios para ello".
Remata con esta resolución un proxecto moi polémico na vila, que mesmo provocou a creación dunha plataforma veciñal, a Plataforma en Defensa da Ría de Corcubión, que dende o 2008 leva loitando contra o proxecto. Un proxecto que contaba co rexeitamento de boa parte da veciñanza (700 sinaturas o corroboran), co rexeitamento do pleno e mesmo co rexeitamento do PP.
E o saneamento?
Así e todo, o como aseguraba o voceiro do BNG de Corcubión, a reposta do Goberno central non foi completa. I é que tanto o grupo da oposición como o colectivo medioambientalista solicitaba que o máis de 1 millón de euros que costaría a praia se reinvertisen no saenamento integral da Ría de Corcubión. Parece que este logro non será tan sinxelo...
Pero dende o BNG apuntaron que "aquí non remata a batalla, pois o seguinte paso será pedir unha entrevista individual (unha vez que o alcalde xa rexeitou participou nunha entrevista conxunta con Patrimonio polo tema do PEPRI) coas entidades pertinentes para acadar o saneamento integral da ría de Corcubión, que ademais de unha demanda da veciñanza, xa é unha obriga da UE".
O que si xa está da man do Valedor do Pobo (da institución...) e a denuncia do BNG por falta de liberdade de expresión ao terlle arrincado unha pancarta na praza da vila.
O BNG lembrou "os seus 6 anos en loita contra o proxecto" e quixo agradecer "a implicación de todos os veciños que se opuxeron sen agocharse, así como o traballo da Plataforma, os colectivos de mariñeiros, mariscadores... e o traballo dos Deputados, Congresistas e Eurodeputados do BNG".
Artigos relacionados
- A Costa en verde: Un chapuzón en Corcubión?.
- Sen Xeito: Carta ao alcalde de Corcubión.
Novas relacionadas
- 23-04-12: O BNG de Corcubión denuncia ao alcalde ante o Valedor do Pobo por unha pancarta.
- 21-03-12: O PP de Corcubión traslada a responsabilidade da praia artificial ao goberno central.
- 13-03-12: O BNG de Corcubión denuncia falta de liberdade de expresión por eliminar unha pancarta contra a praia.
- 05-03-12: Reactívase o Colectivo contra a praia artificial de Corcubión e solicita o pronunciamento firme do PP.
- 02-03-12: A ameaza da praia artificial volve mobilizar Corcubión.
- 07-02-12: É irreversible a construción da nova praia en Corcubión?.
- 12-12-11: A area volve ameazar o malecón de Corcubión.
- 26-04-10: O proxecto da praia de Corcubión será debatido no Parlamento .
- 14-04-10: A caño libre na ría de Corcubión.
- 15-02-10: O saneamento da Ría de Corcubión será investigado pola Xunta e a UE .
- 28-12-09: O Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión puntualiza a dúas bandas.
- 11-11-09: Quen son os responsables da contaminación da ría de Corcubión? .
- 25-09-09: Costas afirma que non levará a cabo a nova praia se hai oposición do pobo .
- 04-09-09: O Colectivo en Defensa da Ría desmárcase de cores políticas e pide información para o pobo .
- 01-09-09: O Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión pregúntalle a Costas .
- 24-06-08: ADEGA presenta alegacións contra o proxecto de rexeneración da praia de Corcubión .
- 16-09-08: O PP levará a cabo unha iniciativa parlamentaria contra o proxecto da praia de Corcubión .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do BNG de Corcubión.