Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión denuncia falta de liberdade de expresión

O BNG de Corcubión denuncia falta de liberdade de expresión

Continúa o pulso botado en Corcubión entre BNG e PSOE. A última confrontación leva ao grupo opositor a catalogar de "censura dos tempos de Franco" a acción da alcaldía, trala retirada dunha pancarta reivindicativa en contra da praia artificial de Corcubión.

O BNG colgaba unha pancarta no centro da vila uníndose ás peticións do recén reactivado Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión. “1 millón de euros tirados ao mar, e a ría sen sanear. NON Á PRAIA”, indicaba a pancarta.

Unha pancarta que non durou moito, pois foi retirada polo Concello ao estar "ubicada en un lugar público e ao non saber de quen era".

Unha decisión que para o BNG "pon en entredito o dereito fundamental de liberdade de expresión que temos as personas e os partidos políticos". O portavoz municipal, Oscar Insua, vai máis aló e di que se trata “dun auténtico atentado contra a liberdade de expresión. Fai 40 anos esto era normal, máis o alcalde recupera esas actitudes obsoletas propias do réxime franquista que parece añorar e que hoxe non deberían ter cabida no xogo democrático”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.

Comentarios