Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Mercado Medieval Costa da Morte cumple 15 anos recuperando o Desembarco

O Mercado Medieval Costa da Morte cumple 15 anos recuperando o Desembarco
Presentación do Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión 2015 Mercado Medieval de Corcubion 2015

Xa temos cartel para unha das citas máis esperadas do verán en todo o sur da bisbarra. O XV Mercado Medieval Costa da Morte, chega un ano máis, para estes venres 24, sábado 25 e domingo 26 de xullo, como gran referencia na materia, a cita que supera as modas e que xa se convertiu na máis especial para os veciños da vila corcubionesa e de toda a comarca, como sempre recorda o seu nome.

Unha festa na que o pobo é clave. Todos os veciños vístense de medievo, e o fermoso e engalanado casco histórico déixanos soñar con aqueles tempos pasados. Os que colaboran tamén son todos os establecimentos da vila, socios do Mercado.

Este mércores tivo lugar a presentación oficial. Membros do Concello e da Comisión, presentaban un cartel no que destaca a recuperación para a noite do venres do Desembarco, esa gran festa na praia, que representa o verdadeiro espírito do Mercado.

Un Mercado Medieval da Costa da Morte que cumple 15 anos, a pesar dos recortes de orzamento, unha vez que xa non contan nin coa axuda da Deputación, que retirou o mísero apoio do ano pasado.

Si haberá exposición de cetrería, estarán os talleres cos oficios de sempre, como ferreiros, cristaleiros, carpinteiros, canteiros, cesteiros, traballadores do coiro… teremos ducias de postos gastronómicos, haberá o recuncho infantil… E como non, os espectáculos de rúa serán de novo os máis esperados, con aparicións case que cada cuarto de hora, coa estrea dos Errantes, e a volta duns que gustaron moito, A Troula. Haberá música tamén, con grupos de sempre e novos.

Estes son os Errantes:

Por primera vez en el Mercado Medieval Costa da Morte, Errantes sabado 25 de Julio en Corcubion.

Posted by Mercado Medieval de Corcubión on Mércores, 24 de Xuño de 2015

E esta é a promo:


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios