Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O Mercado Medieval de Corcubión xa quence motores

O Mercado Medieval de Corcubión xa quence motores
Quedan xa poucos días para o XI Mercado Medieval de Corcubión, que se celebrará esta fin de semana de venres 22, sábado 23 e domingo 24. Como novidade principal, xa sabemos que o Desembarco non se vai desenvolver na praia do casco urbán de Corcubión, senón que se levará ata a praia de Quenxe. Así o asegurou onte José Manuel Piñeiro, presidente da asociación organizadora, en Radio Nordés. Segundo Piñeiro, “a ubicación non cambia de xeito voluntario, senón que é polas mareas. Ao coincidir coa preamar, a única praia disponible é Quenxe. Ten cousas boas, como as medidas de seguridade ou que será máis vistoso porque a xente estará máis cerca”. Piñeiro dixo que “se é posible, en vindeiros anos desenvolverase na praia do centro do pobo”. Piñeiro asegurou que xa se está a perfilar todo para que o XI Mercado Medieval de Corcubión funcione correctamente. Tamén se referiu á situación meteorolóxica, desexando un tempo “espectacular” de cara á realización da maioría das actividades. Preguntado polas expectativas en canto ás visitas que se agardan dende a organización, Piñeiro dixo que “nós expectativa témolas todas e máis ao coincidir o luns festivo. Ademáis vai haber moitas novidades e quero facer un chamamento aos pais, xa que vai haber actividades infantís que nunca antes tiveramos”. Deixamos aquí o programa do XI Mercado Medieval de Corcubión, non antes sen lembrar que mañá mércores 20, celebrarase unha reunión ás 21:00h no pavillón para averiguar quen está interesado en participar no Desembarco, para o que contarán coa axuda de Toño Casais. Programa Vernes, 22 de xullo
  • 19:00h Apertura do Mercado.
  • 19:00h Pasarúas inaugural: Bufóns, malabaristas, zancudos e seres fantásticos ambientan xunto aos músicos o mercado medieval.
  • 22:30h Espectáculo nocturno.
Sábado, 23 de xullo
  • 11:30h Apertura do Mercado: XOGOS MEDIEVAIS: HABILIDADE, INXEÑO, ENTRETENEMENTO E DIVERSIÓN, BAQUETA MEDIEVAL, O TIRO CON ARCO: PRÁCTICAS DE TIRO, CETRERÍA: EXPOSICIÓN DE AVES RAPACES.
  • 12:00h Izado do pendón da vila. Pasarrúas de apertura.
  • 12:30h Pregón de apertura: un singular pregón que nos introducirá en "outro tempo" tempo de batallas e loitas, pero tamén de textos e poesía… unha invitación a compartir o medievo….
  • 13:00h Espectáculo de cetrería.
  • 13:00h Personaxes de animación teatro-circo pasearán facendo "reír e chorar" ao público.
  • 13:30h Pasarrúas: Romances. Cabaleiros e damas de alta alcurnia pasean polo mercado, no seu deambular ofrecerán ao sorprendido pobo algúns dos máis coñecidos romances e lendas do seu tempo.
  • 14:00h Animación musical.
  • 14:00h Soldados… ¡Á caza!. Os soldados da guardia saen en ronda en busca de malfeitores e xentes de mal vivir.
  • 14:30h Descanso.
  • 18:00h Apertura do Mercado: XOGOS MEDIEVAIS: HABILIDADE, INXEÑO, ENTRETENEMENTO E DIVERSIÓN, BAQUETA MEDIEVAL, O TIRO CON ARCO: PRÁCTICAS DE TIRO, CETRERÍA: EXPOSICIÓN DE AVES RAPACES.
  • 18:00h Pasarrúas. Diferentes personaxes de teatro, Danza e Circo divertirán ao espectador de todas as idades.
  • 18:30h Músicos e xoglares desperezan o mercado entre sons e danzas.
  • 19:00h Espectáculo de cetrería.
  • 19:00h Contacontos.
  • 19:30h Música do medievo ameniza a festa.
  • 19:30h Personaxes itinerantes.
  • 20:00h Xoglarias. Entre sons e acrobacias, os xoglares contarannos algunha divertida historia, algún conto o algunha interesante lenda.
  • 20:30h Música do medievo invitan á festa.
  • 21:30h Pasarrúas dos reos.
  • 22:00h Animación musical.
  • 22:30h Espectáculo nocturno.
  • 23:00h Procesión de fachos.
Domingo, 24 de Xullo
  • 11:30h Apertura do Mercado: XOGOS MEDIEVAIS: HABILIDADE, INXEÑO, ENTRETENEMENTO E DIVERSIÓN, BAQUETA MEDIEVAL, O TIRO CON ARCO: PRÁCTICAS DE TIRO, CETRERÍA: EXPOSICIÓN DE AVES RAPACES.
  • 11:30h Pasarrúas. Zancudos e personaxes de pie. Animación itinerante polo mercado.
  • 11:30h Música Medieval.
  • 12:00h Pasarrúas á Familia. Un peculiar grupo chega ao mercado coa pretensión de mercar viandas para a súa posada pero a algarabía do mercado lles fai trocar de idea…
  • 12:30h Personaxes de teatro-circo continuaran facendo rir e chorar…
  • 13:00h Espectáculo de cetrería.
  • 13:00h Pasarrúas de personaxes. Unha vez calmados os ánimos as peculiares características desta boa xente faranlles esquecer o seu cometido inicial e emprender unha divertida aventura de xogos, contos e historias…
  • 13:30h Animación musical.
  • 14:00h As Bailarinas da ventre. A mestra saca ás súas alumnas á rúa para presentar as súas dotes ao público. Pasarrúas parodia de baile oriental.
  • 14:30h Descanso.
  • 18:00h Apertura do Mercado: XOGOS MEDIEVAIS: HABILIDADE, INXEÑO, ENTRETENEMENTO E DIVERSIÓN, BAQUETA MEDIEVAL, O TIRO CON ARCO: PRÁCTICAS DE TIRO, CETRERÍA: EXPOSICIÓN DE AVES RAPACES.
  • 18:00h Condeados. Os Exexcravos. Os carcereros arrastran aos seus prisioneros polas rúas para a mofa dos habitantes.
  • 18:30h Animación musical.
  • 19:00h Espectáculo de cetrería.
  • 19:00h Personajes de teatro e circo.
  • 19:30h Pasarrúas. Xuglares e cómicos chegan ao mercado. Acrobacias, contos e enredos nun divertido paseo polo mercado.
  • 20:00h Música animará el mercado.
  • 20:30h Lendas do Bosque. Uns singulares trasnos contarannos algunhas das súas máis entrañables historias…
  • 21:00h Espectáculo cómico de fakirismo.
  • 22:00h Pasarrúas de despedida. Cómicos e xoglares despidense da vila entre sons e danzas.
  • 23:00h Espectáculo nocturno con animación musical.
  • 24:00h Peche.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios