Martes. 29.11.2022
El tiempo

O PP de Corcubión pregunta pola reforma da Praza de Castelao

O PP de Corcubión pregunta pola reforma da Praza de Castelao

Apunta o Partido Popular de Corcubión que quedou moi sorprendido polas declaracións do alcalde, o socialista Francisco Javier Lema Fontes, nas que afirmaba que o concello pretende reformar a Praza Castelao. E iso que o Concello ten un proxecto preparado dende hai ano e medio, e en breve comezará a compartilo cos grupos da oposición para discutilo na comisión de urbanismo. Un proxecto que saíu do Concurso de Ideas convocado no 2009 e que pode contar xa coa zona verde do solar do cine vello.

Dende o PP, piden que non se faga "outra reforma "chafalleira" da Praza Castelao como no 2005" e denuncia que "o rexedor pretende remodelar a praza a pesar de carecer de financiamento e de prazos para levala a cabo". Así e todo, dende o PP xa recoñecían que a reforma da Praza de Castelao non é un "proxecto vital".

De feito, dende o Concello recoñecen que os fondos do POS (Plan de Obras e Servizos) que achega a Deputación non serán suficientes para toda a reforma, que será de 400.000€. Así o POS só servirá para a primeira fase. A partir de aí, como aseguran dende o Concello, tocará petar nas portas de todas as administracións.

Lembra Gema Freire que no 2005 "o goberno municipal aprobou un proxecto moi ambicioso bautizado como "Ordenación Paisaxística da Praza Castelao", que abarcaba actuacións como pavimentación, saneamento, canalizacións e ata a colocación de bandas para reducir a velocidade dos automóbiles. Con todo, "ao final o único que se fixo foi substituír o formigón do chan", pensan o grupo da oposición.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Corcubión.

comentarios