Saneamento aprobado e Solar do Cine vello como zona verde en Corcubión
Este mércores, o pleno de Corcubión aprobaba a reforma da ficha do solar do cine vello para poder proceder á compra por parte do Concello. Agora o solar xa está calificado como zona verde para poder sen inserida no novo proxecto de reforma da Praza de Castelao. Un proxecto que no 2009 contaría ata cun concurso de ideas pero do que a día de hoxe non sabemos nada.
Finalmente PP e BNG votaron a favor da moción a pesar das dúbidas do alcalde.
Deste xeito, o solar do cine vello queda pendente da negociación do Concello coa familia propietaria. Pero as cousas non estarán tan fáciles. A familia négase a vender e afirman que acodirán á vía penal.
I é que a familia non cometiu ningunha ilegalidade, se non que fora o propio Concello que rectiicara a concesión e outorgara a propiedade tralo cese das funcións como cine.
Saneamento
Como novidade, no pleno de hoxe venres, aprobouse o Proxecto de Saneamento II, malia que a semana pasada BNG e PP se opuxeran e tralo aviso do BNG de aprobalo despois das eleccións. Pero a Secretaria incidiu da necesidade de facer o pleno unha vez que o goberno en funcións non pode aprobar nada e este proxecto implica moitos cartos, como son os máis de 1 millón de euros.
A aprobación realizouse cos votos a favor do BNG e a abstención do PP. Se ben o BNG condicionou o seu apoio a que se algunha alegación sobre accesibilidade é aprobada polos técnicos, o Concello a aprobe goberne quen goberne.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- La Voz de Galicia.