Luns. 29.04.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión preguntará sobre os 100.000€ para adecuar a Praza de Castelao

O BNG de Corcubión preguntará sobre os 100.000€ para adecuar a Praza de Castelao
A Praza de Castelao é a praza de todos en Corcubión. Unha praza que precisa dunha reordenación, aínda pendente do solar do cine vello. Aló polo 2009 xa se pensara nun concurso de ideas para a reforma, que agardemos non se teña olvidado. Pero o que queren saber hoxe os membros da oposición, é que foi da partida que o PSOE incluiu nos orzamentos do 2010 para a rehabilitación da Praza de Castelao. Segundo o BNG esa partida de 100.000€ chegaba a través do Ministerio de Vivenda e servirían para mellorar a praza, proxecto aparellado á expropiación do solar do cine. A responsable local do BNG, Susana Trillo declarou que “actualmente, a praza atópase igual que fai tres anos, sen que se fixera obra algunha sobre ela, polo que o grupo municipal do BNG preguntará ao alcalde ónde están eses 100.000 €, cantidade orzamentada no ano 2010”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.

Comentarios