Luns. 29.04.2024
El tiempo

O alcalde de Corcubión denuncia que BNG e PP volven pactar e non deixan aprobar un proxecto de saneamento de 1 millón de euros

O alcalde de Corcubión denuncia que BNG e PP volven pactar e non deixan aprobar un proxecto de saneamento de 1 millón de euros

A semana pasada o Concello de Corcubión informaba de que o Plan de Saneamento de Corcubión I estaba rematado. Agora falta todo o norte da vila para completalo proxecto, pero o Grupo de Goberno atopouse cun novo obstáculo. BNG e PP aliaráronse no pleno do pasado xoves para impedir que se votase proxecto de 1 millón de euros para "a mellora e renovación das infraestructuras de saneamento nas rúas e prazas dende a de Castelao ata Igrexa, Campo do Rollo, Carrera do Conde..." Deste xeito o proxecto non pode aprobarse.

Para os concelleiros gobernantes, que recibiron a semana pasada a comunicación de Augas de Galicia de que o proxecto elaborado e custeado dende o concello, quedaba totalmente concluido, esta decisión é un exemplo da "oposición obstrutiva" da oposición corcubionesa. Ademais, para o grupo de goberno este pacto pode ser "un adianto da reedición do pacto fallido no 2007".

"Que culpa temos nós de que o ente Augas de Galicia non seguira pedindo correccións ata despois da convocatoria das eleccións?", pregúntase o alcalde, que critica que Gema Freire, voceira do PP, chegou a decir que "ao mellor o equipo que entre despois das eleccións do 22 de maio, non lle gusta este proxecto".

E remata o alcalde preguntándose pola situación do cine vello, da que falaba na entrevista da semana pasada: "Volverán a facer esto no pleno do mércores coa aprobación definitiva da parcela do cine?"

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Grupo de Goberno do PSOE de Corcubión.

Comentarios