Luns. 29.04.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión afirma que aprobará o proxecto de saneamento despois da eleccións

O BNG de Corcubión afirma que aprobará o proxecto de saneamento despois da eleccións

Estes días o alcalde de Corcubión, Francisco Lema, denunciaba que BNG e PP reeditaron o pacto fallido do 2007 para botar abaixo un proxecto de saneamento por un valor de 1 millón de euros. Hoxe o voceiro do BNG quere manifestar que "está de acordo co proxecto da 2ª fase do saneamento". Insua, voceiro do BNG, recoñece que "sería ilóxico votar en contra dun proxecto que vai axudar a seguir saneando a ría e a mellorar a rede dos sumidoiros e augas pluviais".

E aí matiza: "o BNG non votou en contra, como di o alcalde, porque o proxecto non se votou, quedou enriba da mesa para ser tratado no seguinte pleno ordinario pola nova corporación saída das eleccións do vindeiro domingo".

>

Insua considera que "o alcalde está tendo un comportamento moi pouco respectuoso co xogo democrático, e se está aproveitando da sua posición como alcalde, cando hoxe é un candidato como eu, ou como o resto de candidatos que se presentan ás eleccións". E continúa apuntando que "non é normal, nin de recibo que un proxecto feito e presentado no ano 2009 o traiga ao pleno tres días antes das eleccións en plena campaña electoral, esto é puro electoralismo barato”. Ademais, para o BNG "fixeron un proxecto de costas aos veciños e aos concelleiros, pois o proxecto vímolo un día antes do pleno, cando o presentaron hai dous anos e medio".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.
Comentarios