Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O vivo Centro Sociocomunitario de Corcubión

O vivo Centro Sociocomunitario de Corcubión

Son varias as iniciativas que destacamos hoxe dende a vila de San Marcos. Un pobo que marcha de este domingo 17 de xuño por Laxe, e que tralo aglutinador Festival radiONeria ten unha cita co teatro, e prepara xa unha excursión ao Arde Lucus e Actividades de verán no centro sociocomunitario de Corcubión.

Pero antes queremos facer mención á Clausura dos cursos do centro sociocomunitario de Corcubión, que tivo lugar onte na Casa da Cultura. Unha sesión que serviu para inaugurar a Exposición dos Traballos realizados nos talleres, contando ca presencia de Luís Álvarez Freijido, Xefe Territorial da Conselleria de Traballo e Benestar, Manuel Morán García , Xefe do Servizo de Prestacions e Inclclusión e Coordinador dos Centros Sociocomunitarios e o Alcalde de Corcubión, Francisco Javier Lema.

Clausura das Escolas de Teatro

A Escola de Teatro Municipal de Corcubión estreará este sábado 16 de xuño ás 21h00 na Casa da Cultura as dúas obras que levan ensaiando durante este curso. “Onde estás, mamá?” e “Os Faladores”, cunha duración duns 20 minutos cada unha, son as representacións teatrais dirixidas por Toño Casais que acollerá esta fin de semana o Salón de Actos da Casa Cultural.
Dúas funcións únicas e irrepetibles coas mellores actrices e actores do noso pobo.

Excursión ao Arde Lucus

O Concello organiza unha excursión á festa lucense que nos traslada á epoca dos romanos e os castrexos. Unha festa preciosa que se celebrará a fin de semana do 23 de xuño. Así a saída será ás 7:30 de Fisterra e recollerá á xente ás 8:00h en Corcubión e ás 8:05h en Cee.
O xantar está incluido nos 20€ de inscrición, e xa poden inscribirse ata o martes 19 de xuño ás 13:00h.

Actividades de Verán

O Centro Comunitario artella unha serie de actividades para nenos (de 6 a 12 anos) de cara ao verán. Todas as mañás de luns a vernres haberá direrentes actividades con obxectivo de ofrecer horas de lecer a través do xogo, a lectura e o cine.

Poden informarse no 981 746 362 ou no Centro Sociocomunitario de Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Corcubión.

Comentarios