Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A radiONeria une Corcubión

A radiONeria une Corcubión

Que xeito de unificar unha vila! Vaia luxo é contar con unha emisora municipal e vaia mágoa que se atope nas condicións técnicas nas que se atope.

O I Festival radiONeria servíu para demostrar que a radio está moi viva, e que ten un potencial xigante, ademais de demostrar a canteira que ten creado ao longo dos anos e da que está crear, como os seus organizadores e presentadores, Sara, Joana e Saulo, tres fenómenos.

Actuaron todos os grupos culturais da zona, dende os pequenos, medianos e maiores do Grupo de Baile Nerio, pasando pola Coral Airiños de Quenxe, polas Pandereteiras Millo Verde, polo poeta Manolín ou a incrible voz de Dolores Oliveira.

Todo ante un ateigado auditorio da Casa da Cultura de Corcubión, no que pequenos, medianos e maiores disfrutaron sendo espectadores e protagonistas.

Non perdades a crónica completa do Festival no blog da radiONeria.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios