Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O xardín do corcubionés eterno

O xardín do corcubionés eterno

En poucos lugares un xardín dun veciño se convirte nun dos monumentos imprescindibles que visitar. En Corcubión ocorre. Unha referencia turística ao Concello de Corcubión que non teña unha foto do xardín da familia Lamas, non está completa.

Trátase dunha casa de película. Pero de verdade, pois xa albergou varias rodaxes de longametraxes de produción nacional como "A mariñeira de Quilmas". E a xoia da coroa é este xardín, onde as cores e os olores cobran vida. É o mimo co que Jano e Sé coidan as prantas o segredo de que, cada primaveira e cada verán, poidamos disfrutar desta fermosa estampa ao carón da Praza de Castelao.

Non só o xardín é un verdadeiro tesouro. A casa por dentro arrecende a historia. Cadros, xarróns, unha espectacular colección de chaves de ferro... forman parte da decoración da casa. I é que un dos seus responsables, Jano Lamas, é un apaixoado da historia, como xa temos comprobado en QPC. Ademais, a súa participación no Mercado Medieval de Corcubión sempre é imprescindible.

Novas relacionadas

Cartas marinas de Jano Lamas

Capítulos do libro "Corcubión y su Jurisdicción en la Guerra de la Independecia", de Jano Lamas

Outros artigos de Jano Lamas

Fonte

Comentarios