Luns. 07.10.2024
El tiempo

Operación Jaulón: Decomisados 7500 quilos de xarda ilegal

Operación Jaulón: Decomisados 7500 quilos de xarda ilegal
Peixe incautado entre Corcubion e Arteixo

"Operación Jaulón". Así denomina o Seprona da Garda Civil a nova operación contra o furtivismo realizada esta pasada madrugada do xoves 24 ao venres 25 de outubro. Un camión frigorífico, procedente do porto de Corcubión e con destino a Arteixo, era interceptado na comarca de Bergantiños con 7500 quilos de xarda capturada de forma ilegal, xa que a citada especie atopábase vedada para a pesca.

A aprehensión de hoxe vén completar un operativo que se mantén no tempo desde fai aproximadamente un par de semanas e que arroxou resultados, en intervencións de peixe ilegal, que rolda as 60 toneladas. Ademais das citadas aprehensiones de peixe, os gardas efectuaron inspeccións en varios barcos e en catro deles constatáronse irregularidades que desencadearon a inmovilización dun deles como medida cautelar.

Os responsables do operativo aseguran que a investigación segue aberta e que non se descartan novas intervencións, tanto en barcos como no transporte por estrada, dos produtos procedentes da pesca.

A mercancía intervida foi entregada no Banco de Alimentos de Galicia para o seu destino á beneficencia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.

Comentarios