luns. 02.12.2024
El tiempo

Os oficios volven a Corcubión

Os oficios volven a Corcubión
Frank Buschmann en Corcubion Frank Buschmann en Corcubión

Segue sendo Corcubión un reduto de artistas. Da casa e de fóra, pois son moitos os artistas que escollen a pequena vila de San Marcos para traballar con tranquilidade nas súas obras escollidas.

O último en asentarse en Corcubión é o ebanista alemán Frank Buschmann. Ten vivido en Sudáfrica, Mozambique… pero tras coñecer a Costa da Morte nunha vixe mentres vivía en Madrid, decidíu que a súa vida, e o seus case perfectos mobles artesáns, collan un sabor salgado.

A través da marca, Woodworks Buschman Bella crear os seus mobles inspirados nos deseños “shaker”, a comunidade relixiosa estadounidense do século XIX. E como lle conta aos amigos da TVG, gústalle “facer as cousas ben, por facelas ben”.

E se non, miren este documental 'Un traballo feliz’, sen diálogos, no que a banda sonora é o son das ferramentas:

Volver ás orixes… en Corcubión

Fala dos oficios Frank, da necesidade de recuperalos. “Atopo que en España moitos me din que os seus avós son ebanistas, ou carpinteiros, pero todo ese saber pérdese. No norte de Europa existen os Gremios para manter viva esa sabedoría pero aquí se o fillo non quere manter o oficio, pérdese todo”.

E por iso, xa pensa en facer coas coa mocidade en Corcubión. “Espero que a mocidade recupere o amor polos oficios artesáns. E nese sentido gustaríame facer algo aquí. Gustaríame facer un taller-escola con rapaces da zona, pero esto é un proxecto a medio-longo prazo”, comenta sen saber que xa nas redes sociais ten unha serie de fans que se apuntarían hoxe mesmo a ser os seus alumnos.

Fonte

Comentarios