Martes. 16.04.2024
El tiempo

A paisaxe centra o debate dos encontros “Filosofía para veraneantes”

Filosofia para veraneantes Corcubion 2021
Filosofia para veraneantes Corcubion 2021
A paisaxe centra o debate dos encontros “Filosofía para veraneantes”

O ano pasado tiveron que realizarse en inverno e polas ondas da radiONeria e Radio Roncudo. Pero este ano, os encontros do programa “Filosofía para veraneantes” volven baixar á rúa. As xentes da Asociación Cultural Universidade Cromática das Virtudes de Corcubión prepararon un calendario de charlas do 3 ao 7 de agosto, con grandes nomes da artesanía, da arqueoloxía, da historia… que se celebrarán nos recuperados Xardíns do Peirao, así como na Capela do Pilar.

A Paisaxe será o centro neurálxico arredor do que xirarán as intervencións , como nos explican no contexto das charlas. Os ponentes serán os seguintes:

  • 3 de agosto, ás 20:00h nos Xardíns do Peirao: Federico Silvestre (Historiador e Filósofo – USC), María Marco (Escritora e Crítica de arte).
  • 4 de agosto, ás 20:00h nos Xardíns do Peirao: Brais González Arribas (Filósofo-Proxecto Derriba), German Labrador (Estudios culturales- Princeton University)
  • 5 de agosto, ás 20:00h nos Xardíns do Peirao: Elvira Santiago (Socióloga UdC) e Roberto Abuín (Filosofo, Antropologo e editor)
  • 6 de agosto, ás 20:00h nos Xardíns do Peirao: Frank Buschmann (Artesan da madeira) e Arturo Franco (Arquitecto e Cineasta – ETSAM)
  • 7 de agosto, ás 20:00h na Capela do Pilar: Maria Morata (Comisaria independiente): “INTERDEPENDENCIA. POST-NATUREZA E PAISAXE.

filosofia para veraneantes Corcubion 2021-ponentes

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios