Sábado. 20.04.2024
El tiempo

#SEMANASANTA

As parroquias de Cee e Corcubión únense por Semana Santa

Imaxe de Mauel Casais
Imaxe de Mauel Casais
As parroquias de Cee e Corcubión únense por Semana Santa

As parroquias do párroco Desiré Kouakou Tanoh (Ameixenda, Brens, Buxantes, Cee, Corcubión, Redonda e Toba) uniranse para vivir as celebracións da Semana Santa un ano mais. Celebracións que son recollidas no cartel composto por unha foto diseñada polo ceense Manuel Casáis, no cal aparece a imaxe do Santo Cristo pertencente a Parroquia de Brens que foi recentemente restaurada.

Repite por segundo ano consecutivo Leticia Alvariñas no diseño do logo en forma de corazón cos nomes das 7 parroquias.

Os actos relixiosos comenzarán o Domingo, día 14 as 12:00 horas, coa Bendición de Ramos na Praza das Palmeras de Cee.

Despois, os fieis irán en procesión ata a Igrexa acompañados do grupo Fumes do Cal de Ameixenda. O Martes Santo, día 16, terá lugar as 19:00 horas no templo da Xunqueira un Acto Penitencial.

A novidade deste ano a marcará o Mércores Santo as 20:00 horas coa realización dun Vía Crucis procesional polas principais ruas de Corcubión.

Xa o Xoves Santo, día 18, as celebracións iniciaranse en Cee as 18:00 horas e se prolongarán ata as 23:00 horas, na que destacará un ano mais o acompañamento procesional da Banda de Música de Cee e nesta e as demais celebracións a participación do Coro Interparroquial.

A xornada do Vernes Santo iniciaranse igualmente as 18:00 horas no templo ceense, coa celebración da Paixón do Señor e a sua posterior procesión en silencio.

Xa as 22:00 horas o grupo de xóvenes de confirmación interpretarán a obra “¿Quién mato a Jesús?” na cal o público asistente xogara un destacado papel.

Finalizará o chamado Triduo Pascual, o Sábado de Gloria, coa Vixilia Pascual as 22:00 horas en Cee e a sua posterior Festa Pascual amenizada pola solista Lupe.

Pecha a programación o Domingo de Resurrección, o día 21, onde as celebracións realizaranse as 10:00 horas en Buxantes e Toba, as 11:00 horas en Ameixenda e Brens e as 12:00 horas en Corcubión e Redonda.

Semana Santa Cee 2019-Foto-Manuel Casais

Novas relacionadas

Comentarios