venres. 16.01.2026
El tiempo

A pesca de baixura da Costa concentrarase tamén en Corcubión contra o novo Regulamento de Control

manifa flota pesqueira corcubion
A pesca de baixura da Costa concentrarase tamén en Corcubión contra o novo Regulamento de Control

Coa frota xa amarrada, este luns 19 arrinca oficialmente a folga da pesca de baixura en todo o estado. Unha folga en protesta da posta en vigor do Regulamento Europeo de Control a través do DEA (o diario electrónico de pesca), unha ameaza que xa sacou ás xentes do mar á rúa en 2021 e que se fixo patente a comezos de ano sen que ningunha administración se parase a pensar na viabilidade das esixencias.

Entre as demandas máis claras: a mposibilidade de pesar as capturas a bordo, como xa nos demostraba nun viral un mariñeiro costeiro, e a inoperatividade de ter avisar a entrada a porto con 4 horas de antelacións.

Se algúns patróns da Costa da Morte irán a Madrid para concentrarse no Ministerio, e outros farán o propio nunha concentración masiva no Parrote da Coruña, a meirande parte da frota da pesca artesanal da Costa concentraranse en Corcubión.

Xentes de Corcubión, Muros, Fisterra, Pindo, Lira, Muxía, Camariñas, e mesmo de Malpica, Laxe… non faltarán a concentración por terra que se realizará o luns19 ás 16:00h no porto de Corcubión.

Máis novas

Comentarios